10:00 hasta las 00:00
Romaría Vikinga

Romaría Vikinga

A Romaría Vikinga celébrase nas Torres de Oeste, situadas na beira do río Ulla. Os viquingos que nos séculos IX e X chegaron a Galicia con intención de saquear as nosas terras atopáronse coa resistencia das tropas do Castellum Honesti, que impediron durante esa época o ascenso polo río dos exércitos normandos e dos piratas sarracenos, ata o punto de ser considerada esta fortaleza a «Chave e selo de Galicia».

Pasaron máis de mil anos, e as tornas cambiaron. Agora os catoirenses e milleiros de persoas chegadas de todos os recunchos, amoréanse en torno ás Torres para darlles a benvida aos bárbaros. A violencia, o terror e o odio transformáronse nunha divertida festa de convivencia na que os temibles guerreiros nórdicos invaden pacificamente o castelo, e, desta vez, a sede non é de sangue senón de viño tinto do Ulla. A música folclórica e a gastronomía son elementos fundamentais nesta romaría.

Nun mercado ambientado na época medieval ofrécense aos visitantes os máis variados produtos: os mexillóns e o polbo, por suposto, imprescindibles.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android