13:30 hasta las 23:59
FESTA GASTRONÓMICA DO CODILLO DA LAMA

FESTA GASTRONÓMICA DO CODILLO DA LAMA

FESTA GASTRONÓMICA DO CODILLO DA LAMA 2024

Estufado con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias. Así vai servirse de novo o tradicional codillo na Lama durante a vixésimo segunda edición da Festa do Codillo, que se celebrará o próximo domingo 16 de xuño, a partir das 13:30 horas.

Esa foi a decisión que resultou da cata realizada polo xurado, composto polo alcalde, David Carrera; o tenente de alcalde, José Fortes; o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado Alfaya; e a concelleira de Servizos Sociais, Trinidad Fernández Oubiña.

A preparación elixida polo xurado foi a que tradicionalmente ten mellor acollida entre o público.

Nesta ocasión rivalizou en sabor co preparado en salsa de curri, con arroz, frutos secos e cabaza; e a terceira, con setas, pisto e arroz.

Estas tres modalidades foron preparadas pola cociñeira de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), Rosa María Fragueiro, encargada de servir os pratos durante a xornada gastronómica.

Debido ao aumento do IPC e do custe da vida, o Concello da Lama veuse na obriga de situar en 15 euros o prezo definitivo do pack desta festa gastronómica que, ademais do codillo estufado, incluirá pan, bebida, cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento.

Deste xeito e co fin de evitar acumulación de público e longas colas, ampliarase a venda anticipada dos tíckets, ata o 8 de xuño, nas oficinas do Concello e na biblioteca e poderanse tamén retirar o mesmo día da festa na Alameda.

Ademais da actividade gastronómica, a Festa do Codillo estará amenizada musicalmente pola Banda de Gaitas Os Catro Ventos e a Charanga Charandonga. Pola tarde, a Banda Música Municipal da Lama ofrecerá un concerto, a partir das 20 horas, na propia Alameda.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android