19:00
O mel non caduca

O mel non caduca

Esta última peza pecha unha xeira de traballos relacionados, en certo modo, coa comida. Unha oportunidade de contemplar a evolución da compañía e dun dos dramaturgos máis en forma do panorama galego e estatal actuais.

Unha traxicomedia biodegradable e ecosostible arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos.

Un espectáculo cunha sorprendente dimensión plástica e sonora, creado a partir do universo das abellas e do mel. É unha obra para emocionar e concienciar, e tamén para rir e reflexionar. Rir de nós mesmos, como individuos e como especie. Cuestionarnos como puidemos, como humanidade, ter chegado ata aquí.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android