N/D
Festa do viño do Condado do Tea

Festa do viño do Condado do Tea

A Festa do Viño do Condado do Tea, a segunda máis antiga de Galicia, soubo adaptarse aos novos tempos e mesmo crecer. Hoxe en día é unha cita importante para todos os amantes da nosa gastronomía, que se mesturou perfectamente coa nosa cultura e se converteu no escaparate turístico máis importante do municipio. Cabe destacar que o emprazamento onde se celebra, na Fortaleza de Salvaterra, conxunto histórico declarado BIC, contribúe a realzar o carácter milenario desta vila e a identidade transfronteiriza do noso municipio.
Ao longo dos días que dura a festa, pódese desfrutar dos mellores caldos da Subzona do Condado do Tea da D.O. Rías Baixas. E tamén dos mellores produtos gastronómicos do mar, do río e da terra, sentado tranquilamente nas terrazas instaladas no recinto, que dan pé a gozar dunha boa mesa, en familia ou con amigos e ao tempo escoitar en directo os diversos concertos que ofrecen as noites gastronómicas da Festa do Viño do Condado do Tea.
O día grande é o domingo, no que se dan a coñecer os Viños Deliciosos do ano e se realiza o solemne nomeamento de confrades, embaixadores efectivos responsables de defender e difundir as virtudes dos nosos viños e do noso Concello.

Destacado:
Noites gastronómicas: mesturase a gastronomía coa cultura.
Domingo pola mañá: nomeamento de confrades e declaración dos Viños Deliciosos do Ano.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android