N/D
Festa da Malla de Meira

Festa da Malla de Meira

A través desta festa rememórase o ancestral labor da malla de cereais, a actividade na que os agricultores separaban o gran (para destinalo a fariña) da palla (para forraxe dos animais). Veciños e visitantes, que acoden a Meira con motivo das festas patronais, ocupan a Praza Maior, onde é trasladado o trigo (cultívase nun terreo municipal e ségase para a ocasión os días anteriores á festa), para asistir á representación dun esgotador traballo estival que se facía a man ata a introdución das máquinas malladoras con motor. Veciños de Meira e dos arredores participan na demostración da malla. Unha parte faise a man e outra con degranadora mecánica, cun son de gran poder evocador entre as xentes desta terra.

Unha concorrida comida popular, postos de artesanía, unha mostra de maquinaria antiga e actuacións de grupos musicais durante todo o día contribúen a aumentar o interese e a animación desta festa de forte carácter etnográfico.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android