10:30 hasta las 14:00
Aves invernantes na Terra Cha

Aves invernantes na Terra Cha

O próximo sábado 17 de febreiro de 10:30 a 14:00 mostraremos da man de Óscar Rivas as aves acuáticas invernantes das lagoas de Caque e Cospeito. Chegaremos a estas dúas lagoas en vehículos propios e faremos diversas paradas nos observatorios ornitolóxicos dos humidais onde veremos as diferentes especies de aves que pasan o inverno nas nosas latitudes. Inscricións en www.custodiadoterritorioorg/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93. Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android