11:00
Mostra do mel do Val de Quiroga

Mostra do mel do Val de Quiroga

O Concello de Quiroga dará a coñecer unha vez máis a calidade do mel que se produce no municipio. Farao o martes, día 10 de agosto, na Mostra do Mel, coincidindo coa feira de mercado.

O recinto feiral para a venda de mel e outros produtos apícolas como xelea real, pole ou própole, instalarase o martes día 10 dende primeiras horas da mañá pola rúa Real, nas inmediacións da casa consistorial. A partir das once da mañá a charanga Europa encargarase de amenizar o recinto feiral.

Os colmeares situados nas zonas máis altas do municipio producen mel co predominio do castiñeiro, mentres que os situados nas zonas do val dan mel de brezo, planta moi abondosa e da que Quiroga recibe o seu nome; nas zonas intermedias as abellas recollen o pole de castiñeiros e queirugas que xuntan con moitas outras flores dando un mel multifloral. Tres variedades con matices diferentes en canto a cor, textura e sabor pero coa mesma calidade. Contarase cunha degustación de meles “Meles Cinco Estrelas de Galicia”, organizada pola Asociación Galega de Apicultura.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android