Desenvolverase durante 4 martes, comeza o 19 de abril e continúa o 26 do mesmo mes, e o 3 e 10 de maio, das 18.00 ás 20.00 horas.
O curso está destinado a persoas que empregan o galego no seu día a día e que queren profundar nunha mellor utilización del e, por conseguinte, nunha práctica oral e escrita de calidade. Para tal propósito, desenvolveranse contidos ortográficos e fonéticos, morfosintácticos, semántico-lexicais e textuais.
Xosé Manuel Sánchez Rei é profesor titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña. Entre as súas liñas de investigación destacan a gramática do galego contemporáneo, a variación lingüística e a linguaxe literaria, temáticas sobre as cales publicou varios libros e artigos en revistas galegas e internacionais e participou en congresos no estranxeiro.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar