19:30
Primavera Teatral 2022

Primavera Teatral 2022

Durante os meses de Maio e Xuño celebrarase a Primavera Teatral 2022. Unha programación de obras de teatro en diferentes asociacións de veciños da área metropolitana de Vigo. Durante estes meses terán lugar as representacións de seis obras teatrais. O horario para todas elas será a partir das 19:30 horas.

A programación empezou o pasado sábado 7 de maio coa actuación do grupo Teatro Tarantela e a súa obra Retais teatrais en épocas virais. A próxima actuación programada terá lugar o sábado 21, Agarimo Teatro presentará a obra teatral Microcomedias 2, no CSCR de Beade.

O vindeiro sábado 28, a SCD. Atlántida de Matamá acollerá a obra E a vostede, Que lle sucede? de Helios de Bembrive. A seguinte actuación daralle a quenda a Escoitade e a súa produción teatral Dominou celeste ou, que vai ser de ti Ernesto. Esta representación terá lugar o próximo día 29

Porta Aberta presentará no CCAR Valladares a súa obra Munuwa o vindeiro sábado 4 de xuño. O Domingo 5 de xuño, pechará este ciclo de teatro o Atlántida de Matamá coa súa obra A Impresentables dean o CCA Rueiro de Coia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android