20:00
Pakolas: Rockeamos todas

Pakolas: Rockeamos todas

Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Na súa longa andaina de traballo nas cancións infantís, Paco sempre pon de manifesto que a música é universal pero as letras deben estar pensadas para o público miúdo. Pakolas interpreta en directo unha selección dos seus propios temas, revisados e rigorosamente escollidos para a ocasión, recollidos en libro-cds da Editorial Galaxia, nos que as protagonistas son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.

Coa súa guitarra e a súa voz ao vivo, completando con bases gravadas de baixo e batería, e co seu estilo rockeiro tan inconfundible, Pakolas fará gozar por igual a maiores e pequenas/os, coas súas músicas e a súa forza creativa.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android