Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita ironía: a diva rural e o Blusmanciño, subidos ás táboas, batendo cos zuecos.
Cancións ben coñecidas interpretadas con paixón e transformadas para que o galego sexa a lingua que transmita a emoción que se puxo na súa creación.
Na actuación de Betanzos colaborarase na pintura colectiva, que tanto A Nena do Arcoiris (centrada no público infantil) e o Grupo de pintoras xuntas poñerán ao dispor dos artistas á beira do esceario.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar