Dirixida a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e como o franquismo supuxo un enorme retroceso na educación estatal, especialmente para as mulleres. A educación, parte fundamental do desenvolvemento e a liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental do traballo. Os dous personaxes femininos representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. Os estudantes buscan facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se opón á narrativa hexemónica, para reconstruír a memoria e os espazos imaxinarios da nosa comunidade, creando así un acto ético/estético que se complementa coa participación de espectadores activos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar