22:30
Circo de lume

Circo de lume

Asacocirco, compañía galego-brasileira, transforma calquera espazo nun pequeno picadero de Novo Circo, onde a risa, o risco e a espectacularidade están garantidas en todas as súas actuacións. O estilo de humor destes artistas non ten fronteiras e cativa a público de todas as idades.

SINOPSE

"Circo de lume" é un espectáculo de pura acción. Consta de emocionantes números, que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e trato directo co público. Espectáculo de efectos visuais impresionantes!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android