Os nenos e nenas de Ponteceso poderán gozar con esta obra protagonizada polos ratiños de Lonxedetodo. En Cores e persoas a gran Lilí Gruyère volve dunha xira polos EEUU da que trae moitos agasallos para todos os integrantes de Lonxedetodo. Unha maleta chea de libros de contos que compartirán con todos os asistentes.
Ademais incluirán cancións e bailes dos que eles empregan para resolver problemas.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar