12:00
Arrolando as frores

Arrolando as frores

“Cando lle preguntaron na escola cantos irmáns eran ela dixo que cinco irmáns, dous alborotos e un xeranio". O resto da historia soubémola despois pola súa sobriña.

Arrolando as frores é a nova sesión de narración oral e música para público adulto que parimos. Nela falaremos do aborto, contaremos a Marica Campo, revisaremos os contos colorados, namorarémonos das flores e transplantaremos a alegría. Amor, dor, humor, música e mulleres das nosas vidas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android