A Banda Da Balbina nace nos Ánxeles (Brión) a finais do ano 2007. Alá polo maio do ano 2008 naceu a Estomballada. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega.
Un ano máis tarde parriron O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit.
As súas creacións manteñen uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. . Dende os seus inicios manteñen unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade do galego.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar