11:00 hasta las 22:00
Gran Premio de Carrilanas de Esteiro

Gran Premio de Carrilanas de Esteiro

+INFO: http://carrilanasesteiro.com 

Moito antes de que Fernando Alonso nos contaxiara co andazo da velocidade a catro rodas, os veciños da parroquia de Esteiro, no municipio coruñés de Muros, organizaban xa o seu “Gran Prix” de carrilanas.

A que fora unha das principais diversións dos nenos da posguerra, as baixadas vertixinosas sobre unha plataforma de madeira montada sobre catro caixas de bolas, adquire nesta localidade a categoría de deporte artesanal (que hai quen cataloga entre os denominados “deportes de inercia”).

A terceira fin de semana de xullo, “escuderías” de Galicia e do resto de España, e, desde hai pouco, tamén de Portugal, amosan en Esteiro os seus enxeños, nos que a velocidade non é o único que importa, senón tamén a imaxinación, os acabados e as innovacións mecánicas. De feito a carreira, que se celebrou durante anos, deu paso nas últimas edicións a unha exposición polo circuíto do Maio, coa velocidade controlada e gardando unha distancia de seguridade.

A festa, que ten xa máis de vinte anos de historia, gañou ao espírito de competición, e para a concesión dos premios tense incluso en conta o disfraz co que conducen os pilotos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android