18:30
Ciclo Medioamabiental Sostendo o Futuro: Contacontos | Praia do Muíño (A Guarda)

Ciclo Medioamabiental Sostendo o Futuro: Contacontos | Praia do Muíño (A Guarda)

O Contacontos está baseado no libro “Os nosos bosques” de temática medioambiental da editorial Miudiño, onde amosan a riqueza da vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas e coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio… para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país, falarase do respecto pola natureza a posta en valor dos bosques como recurso…

A segunda proposta é “Os nosos mares”, onde amosa a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños… para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país. Este contacontos se complementara con algún xogo que vaia na temática e co entorno da praia do Muíño onde se realizará esta actividade.

Para rematar daráselle uns ramiños de agasallo aos nenos e nenas das flores de San Xoán, para fomentar as nosas tradicións e que será feito en colaboración coa Asociación de Alfombras da Guarda.

*En caso de choiva o evento trasladase ao Centro Cultural.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android