11:30
Galiza profunda. interpretacións do rural galego mediante ilustración e fotografía contemporáneas

Galiza profunda. interpretacións do rural galego mediante ilustración e fotografía contemporáneas

A visión do rural galego brinca ás veces entre imaxes idealizadas que del conservamos de cando eramos cativos, os prexuízos cara o mesmo pero tamén a confrontación fronte á idealización que supón voltar a el cunha ollada adulta. Esta mostra pretende, dende a conciencia e visión crítica das artistas escollidas, face unha dignificación do mesmo fronte a unha visión clasista, reaccionaria, costumista e ata denigrante do rural galego que xerou co tempo un “autodio” cara o mesmo, e por conseguinte, cara a toda cultura galega. Pois Galiza non se pode nunca desligar da súa ruralidade como país. Se ben é certo que fronte a certas visións utópicas do rural galego que se poidan ter dende a cidade, o día a día no mesmo alónxase desa idealización. Por iso as pezas elixidas axúdannos a confrontar esa dimensión bucólica á realidade tan dura que pasaron os nosos avós e avoas, especialmente as mulleres. Mulleres bravas e homes que con todo en contra lograron erguerse e sobrevivir en tempos de miseria tal como a posguerra. GALIZA PROFUNDA quere facernos reflexionar sobre a dicotomía entre a fermosura do rural xunto coa potencia e riqueza do mesmo e as causas para o seu difícil desenvolvemento. Como, a pesares de termos todo a prol nosa, o contexto social e político logrou que non avanzaramos nestes séculos todo o que mereciamos. Mais a mensaxe final é positiva.

GALIZA PROFUNDA recolle e representa o respecto, a dignidade e o orgullo cara as nosas raíces e cara a nosa historia vencellada á paisaxe. Así, presenta unha realidade complexa de Galiza para entender e comprender o noso pasado e reivindicar así a nosa orixe tantas veces maltratada e infravalorada.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android