20:30
A Gramola Gominola: O poder da superlingua

A Gramola Gominola: O poder da superlingua

A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia.

O espectáculo será no exterior da piscina municipal ás 19h (ou na carpa instalada ao lado do centro médico, en función da climatoloxía).
Aforo limitado! Reserva a túa praza de luns a xoves ata as 11h para a actuación de cada semana, no 981 690 903 ou cultura@oroso.gal
Acude con mascarilla. Desinfección de mans (no recinto) e mantén a distancia de seguridade.
Colabora coas medidas adoptadas pola organización.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android