22:00 hasta las 22:00
Os Sons de Ankar

Os Sons de Ankar

O evento terá lugar os días 8 e 9 de xullo, no parque de Ánkar, na parroquia de San Salvador, coas actuacións de Baiuca e Andrés Suárez, respectivamente. Os concertos que darán comezo a partir das 22.00 horas do venres e do sábado e que serán de entrada gratuíta ata completar aforo.

Baiuca, o proxecto musical dirixido polo catoirés Alejandro Guillán, volve actuar en Poio despois de atraer a un gran número de asistentes ao concerto ofrecido no municipio o pasado verán. Pola súa banda, o ferrolán Andrés Suárez chegará ao Sons de Ánkar no medio dunha gran xira, na que, ademais de presentar os seus últimos temas, non faltan as súas cancións máis coñecidas, dentro dunha ampla traxectoria musical que comezou hai xa 20 anos.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android