22:00
Nicrarock 2022

Nicrarock 2022

O Concello de Negreira presentou a súa ambiciosa aposta por grupos consagrados na escena do rock autóctono, como Astarot, Nave, Aphonnic e Exit para o veterano festival Nicrarock. Será o venres 13 de xullo, a partir das 22 horas, no parque do Coto, con entrada libre.

Astarot, a banda de Cangas e todo un referente en crear rock coa poesía galega, encabezará un cartel que abrirán os coruñeses Exit, grupo residente na sala Mardi Gras, en cuxos directos non faltan clásicos que van de Jimmy Hendrix a AC/DC ou Led Zeppelin. Aphonnic é unha banda viguesa de metalcore, cun rock potente e visceral, e varios discos editados desde o 2003. Por último, o Nicrarock 2018 contará cun peche a cargo de Nave, a banda estradense con letras reivindicativas para transmitir sensacións e sentimentos a través das súas composicións.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android