21:30
C´est pas Possible

C´est pas Possible

Un espectáculo en clave de clown que invíta a ver que sí é posible saír da rutina.

Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función.

Afeita a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Grande Artista brille na escena.

Responsable, disciplinada, eficaz e profesional pon o mellor de sí cada día. Pero hoxe a súa rutina será alterada pola mirada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, e levándoa a facer o que ela cría coma imposible.

Unha viaxe cara o reencontro cun mesmo e ó pracer de vivir e compartir

C´est pas Possible é un SÍ é Posible

Usando o clown como linguaxe, e en comunicación directa co público, neste espectáculo pónse de manifiesto a dualidade que moitos vivimos por dentro, temos aprendido a ser eficaces, a cumprir prazos e expectativas, e nos olvidamos de deixarnos ser e disfrutar.

Un espectáculo para todo público que combina o clown con acrobacia aérea, e que nos invita a empaparnos das emocións que esta personaxe vive en escea.

Elenco: Marta Iglesias

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android