A cantante e compositora Ana Guerra chega ao escenario de Baiona para lembrar unha noite única durante as súas festas patronais. A artista orixinaria de Tenerife alcanzou a fama a partir do seu paso por Operación Triunfo 2017.
Tras saír da academia, comezou a súa carreira en solitario e xa conta cunha longa traxectoria musical, repleta de grandes éxitos e importantes colaboracións. Nin a hora ou O Malo, son dous dos seus grandes hits que alcanzaron a lista de éxitos de España e parte de América Latina. Ademais, os seus máis de 600 mil oíntes mensuais en Spotify confirman a súa fama.
Ana Guerra é unha artista completa, cunha personalidade irresistible e un talento innegable que é perceptible polo seu público en todos o seu concerto. O seu estilo fresco e natural xunto á súa voz potente e as súas letras empoderadoras convertérona nunha referente única do pop español.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar