The Tetas' Van nace en 2011 coa idea inicial de crear unha banda de mulleres co obxectivo primordial de visibilizar á muller dentro do panoarma musical, pois observaron que non hai moitas referentes dentro deste ámbito. É moi importante visibilizar o papel da muller en todos os contextos, sobre todo para as novas xeracións. É un dos obxectivos deste grupo que dicen textualmente: “Queremos normalizar a figura da muller no escenario”.
Tamén teñen como obxectivo reivindicar a nosa lingua. E así, en galego compoñen letras que falan da realidade da muller, rompen cos estereotipos de xénero (letra de muller libre), reivindicando a súa presenza en todos os ámbitos. Tamén lembran a aquelas mulleres que foron importantes e referentes, pero non foron suficientemente recoñecidas.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar