19:00
Rilla Rilla

Rilla Rilla

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda...Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre.
Remangade ben o pantalón, que para apañar palabras é preciso mollar os pés! Preparádevos para recoller eses vocábulos que case nunca medran nos libros. Se queredes saber o que significa rilla-rilla, poñede atención… O espectáculo vai comezar!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android