Tralo éxito do seu primeiro traballo, "Fío e Agulla", chegan cinco anos despois con "Na Beira" (xullo 2020), nacido do paralelismo entre a diferenza de culturas coa que convivimos e o mesmo mar que nos viu crecer e nos mantivo sempre nun espírito libre, nace "Na Beira".
Plasmando a diversidade das augas coma se de innumerables influencias se tratasen, das que sen querer se apegaron á nosa linguaxe musical e, como tal, aos nosos temas. Pasando pola costa sur da Península (Catro Vellos), ás costas africanas (Kikirikí) ou mexicanas (Dicen que no voy) sen perder nunca as raíces. "Na Beira", nin dentro nin fora, esa liña palpable entre o máis puro e a mestura en harmonía.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar