21:45
Aughas Mortas

Aughas Mortas

Joel Padin é a nova promesa da música folk galega. Os seus inicios na música tradicional remóntanse ó ano 2011, donde comezou a cantar e tocar a pandeireta nunha asociación do seu pobo (Mar de Arousa). As súas ganas por avanzar, levárono a probar en diferentes grupos para intentar comprobar cal era o máis adecuado ás súas necesidades. En 2018, preséntase ó concurso da TVG, Pequenos Fenómenos, concurso no que queda en primeiro lugar, cantando só música tradicional. En 2021 saíu á luz “Aughas Mortas”, o seu primeiro traballo no que recolle pezas tradicionais puras, así como adaptacións das mesmas para darlle un aire máis xuvenil.

Aughas Mortas é o primeiro traballo de Joel Padin, a nova promesa da música folk galega. Neste álbum Joel Padin recolle pezas tradicionais puras, así como adaptacións das mesmas para darlle un aire máis xuvenil, sempre dende o máis absoluto respeto as informantes das recollidas. Son 13 cancións recollidas por Carlos Rey nos anos 80 en diferentes puntos de Galicia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android