00:00 hasta las 00:00
Museo Fortaleza San Paio de Narla | Programa de actividades de verán 2022

Museo Fortaleza San Paio de Narla | Programa de actividades de verán 2022

Museo Fortaleza San Paio de Narla | Programa de actividades de verán 2022

Os museos da Rede Museística foron recibindo numerosas doazóns ao longo de todos estes anos. De feito, a colección de etnografía que pode verse no Museo Fortaleza San Paio de Narla está conformada na súa inmensa maioría por doazóns que desinteresadamente fixeron persoas que viaxaron arredor do mundo. Isto supón que a día de hoxe atopemos pezas procedentes de numerosos países.

Aproveitando este contexto multicultural deseñamos un atractivo programa de verán grazas ao cal descubriremos diferentes tradicións e costumes.

Viaxaremos polo mundo compartindo e aprendendo entre todxs. Cada día estará dedicado a unha zona concreta para coñecer así as distintas comidas, linguas, músicas, bailes e roupaxes que podemos atopar nos diferentes continentes a través de obradoiros específicos. Comprobaremos de primeira man como a diversidade é unha gran fonte de riqueza.

ASIA
Descrición: dentro da cultura oriental centrarémonos en Filipinas e Xapón.

Data: 12 de xullo.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

 AMÉRICA (1ª PARTE)
Descrición: coñeceremos en profundidade México, Arxentina e Venezuela, países vinculados coa Galicia migrante.

Data: 13 de xullo.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

EUROPA
Descrición: Alemaña e Francia serán os protagonistas desta xornada.

Data: 14 de xullo.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

GALICIA
Descrición :para apreciar as outras culturas primeiro hai que comprender e amar a nosa propia. Aproveitando a proximidade co Día de Galicia dedicamos esta xornada á nosa terra.

Data: 15 de xullo.

Hora :de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

ÁFRICA
Descrición : África é un continente rico en costumes e tradicións, pero tamén un dos máis descoñecidos. Centrarémonos en Marrocos e nalgún outro país do centro vinculado ás pezas que podemos atopar nos museos da Rede .

Data: 16 de agosto.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

AMÉRICA (2ª PARTE)
Descrición: coñeceremos en profundidade Cuba e As Antillas, pola súa proximidade con Galicia grazas á tradición migrante.

Data: 17 de agosto.

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades. 

DECORACIÓN

Aproveitaremos esta xornada para deseñar e elaborar a decoración da festa final.

Data: 18 de agosto

Hora: de 16h a 19 h.

Idades: Todas as idades.

FESTA MUTICULTURAL

Celebraremos a diversidade e mostraremos todo o realizado nas xornadas anteriores para que todas aquelas persoas que queiran achegarse poidan aprender tamén sobre as outras culturas.

Data: 19 de agosto.

Hora: de 16h a 19 h.

(RE) CONEXIÓN

Deixando de lado os obradoiros máis técnicos e usando así as xornadas para levar a cabo a gravación audiovisual, sendo esta a escusa para a reconexión interxeracional, que é o propósito esencial deste proxecto.

Co material gravado, 6-8 historias de bibliotecas vivas ao longo da provincia, montaríase unha peza final de 12-15 minutos que sería o que se proxectaría nalgunha estancia da Rede Museística.

Datas: 26 e 27 de xullo.

Horario: 16:00 a 20:00

Idades: 8 a 12 anos.

Prazas: 6

AMADRIÑANDO Á REDE: o compromiso de nacer cun museo baixo do brazo

Datas: a partir do 1 de agosto

PROGRAMA ONDE NACEN ÁS HISTORIAS.

Trátase dunha programación multiartistica para a infancia e a adolescencia, composta por 5 xornadas con múltiples obradoiros de diferentes disciplinas artísticas e artistas locais, integrando todas as artes dun xeito tranversal cunha perspectiva feminista, multicultural, LGTB+ e inclusiva.

Historia en imaxes

Imaxinación á mesa

O legado das palabra

Redes de escritura

A maxia das raíces

Teatro para todes

Un fogar para todes

Lendas da Terra

Datas: do 9 ao 13 de agosto.

Prazas: 20.

_______________________

Inscricións: comunidadermpl@gmail.com

+INFO
https://comunidadermpl.es/

Museo Fortaleza San Paio de Narla. Narla (Friol). Tfno.: 982 375 156 / sanpaiodenarla@museolugo.orgXerencia Rede Museística. Tfno.: 699 836 883 / xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org / comunidadermpl@gmail.com
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android