Entreviños é unha feira do viño galego que acolles a diferentes adegas con proxectos coidados e singulares.
Na edición deste ano 2022, Entreviños contará con adegas como Albamar, Narupa, Tolo do Xisto, Adega do Ricón e os adegueiros Bernardo Estévez ou Xosé Lois Sebio.
Ademais, durante a súa presentación, poderemos coñecer os proxectos de cada casa e probar os viños de adegas de todas as Denominacións de Orixe, Indicacións Xeográficas Protexidas e outras que non están nestas clasificacións oficiais, que serán diferentes os dous días da feira.
O domingo 17, en horario de tarde, varios catadores recoñecidos de Galicia van guiar polas diferentes áreas xeográficas, uvas e tipos de terra dos viños da feira, en catas comentadas.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar