20:30
Brinca vai! de aquí para acolá

Brinca vai! de aquí para acolá

Salta ve! É un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeniños, de carreiras e saltos, de risas, de bailes, de notas , melodías, e sobre todo de xogos. De xogar a pensar. Por que non? De abrir os brazos e os ollos e realmente crer que hai unha maneira diferente de facer as cousas.

É un libro para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán alá onde vaiades. SALTA VE! son 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abanico de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android