Neste contacontos falamos da hiperactividade infantil e das formas de ensinanza antiguas, deixando paso as novas formas de aprendizaxe do futuro: o ciberespazo. Tamén falamos da capacidade de cambiar o mundo a través dun mesmo e da exaltación dos valores humanos. Todo isto o facemos con dúas armas infalibles: o humor e o teatro musical.
Nesta obra facemos que os nenos interactúen con nós ao falar dun contexto, para eles tan familiar como as aulas. Nin que dicir ten que neste espectáculo introducimos aspectos didácticos ao repasar conceptos ou materias relacionadas coa xeografía, o inglés, as matemáticas, as ciencias, etc. Un espectáculo completo e entretido, que non só fará as delicias dos máis pequenos senón que enganchará aos maiores.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar