THE SOUL JACKET é a mellor banda de rock americano feito en España que houbo nunca. Así o demostran os seus 6 discos ata a data. En 2022 presentan KICKRADIO que pretende ser un percorrido por todas as influencias posibles e imaxinables que percorre por un imaxinario dial todos as posibles cores e tesituras da música americana patentes no cóctel explosivo da banda viguesa. Percorrendo nun destartalado vehículo de punta a punta a xeografía estadounidense vai cambiando de día coma se moitas almas convivisen dentro de THE SOUL JACKET. Unha auténtica e histórica tolemia. Quen demos son The Soul Jacket?
Moitos anos e algúns cambios de formación sucedéronse desde que seis músicos a medio camiño entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) xuntáronse nun soto alá por Julio de 2004 para tocar un puñado de cancións inspiradas polo son do Rock & Roll americano e británico de principios dos 70. Actualmente a banda fórmana: Jorge Mizer e Guillermo Gagliardia as guitarras, Jann Zeregaal baixo Fender, XabierVieiteza as teclas, Mauro Comesañaa a batería e Toño Lópeza a voz principal.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar