12:30
2 Ilusionistas XENUÍN@S

2 Ilusionistas XENUÍN@S

Unha romaría de maxia, onde A Maga Fani e Martín Camiña conducirán unha cadea de acontecementos dende outra dimensión.

Ilusións surrealistas e sorprendentes para non deixar de escaravellar a testa, sachar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo. Asemade, sementaremos os alicerces da grande pregunta da humanidade:

é posíbel atopar un programa cultural na televisión?

Porén, este acto escénico é unha malleira de información abraiante, que precisa do pulo da concorrencia.

En resumo, se quixeres aburrirte, este non é o espectáculo que precisas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android