20:00
Noites de María Pita: Esto é rock!!

Noites de María Pita: Esto é rock!!

Concerto familiar con Carolina Rubirosa & Banda e Javier Becerra. 

Carolina Rubirosa é unha das artistas con maior proxección de Galicia, compartindo escenario e traballos discográficos con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos ou Andrés Calamaro. Gravou coa Real Filharmonía de Galicia e resultou premiada en varios certames, como «Revolution Unplugged» de Europa FM ou «Sons Mans 2019». Recentemente foi seleccionada para representar a Galicia no Festival Liet International de Dinamarca, e actuou no WTM de Londres. É autora da Canción Oficial de Promoción do Camiño de Santiago Inglés, e algunhas das súas composicións foron galardoadas e incluídas en programas de televisión nacional.

En 2017 Carolina converteuse na primeira artista en cantar en galego no mítico The Cavern de Liverpool co seu grupo feminino The Funkles, actuando en países como Rusia, Finlandia, Alemaña ou Inglaterra. Dotada dunha voz repleta de matices, Carolina é unha artista diferente, con carácter e sensibilidade, que se desenvolve como peixe na auga en varios estilos e idiomas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android