20:00
Alquimia

Alquimia

Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.

O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo.

Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “a gran obra”.

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, ¡¡á felicidade!!

A felicidade do público e do propio mago, e así lograr a súa “gran obra”.

Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android