20:30
PRESENTACIÓN | O libro negro da lingua galega (Carlos Callón)

PRESENTACIÓN | O libro negro da lingua galega (Carlos Callón)

PRESENTACIÓN | O libro negro da lingua galega (Carlos Callón)

O profesor e membro da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, presenta “O libro negro da lingua galega” (Editorial Xerais,2022) o vindeiro mércores 19 de xullo no auditorio do Vello Cárcere de Lugo.

A publicación recolle e explica testemuños da represión linguística en Galiza ao longo dos séculos. Desde a crueldade dos castigos nas escolas por falar galego, acreditados desde 1543 até 1980 até as multas franquistas por “hablar al público en gallego” ou a indicación do Ministerio de Educación que no 1980 expedientaba e exhortaba a “repudiar”o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.

Carlos Callón, que ven presentando o libro en distintos puntos de Galiza baixo a premisa de “coñecer o pasado para mudarmos o futuro”, estará acompañado polo escritor e xornalista Afonso Eiré e pola concelleira de Cultura de Lugo e vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android