20:30
4 Monos

4 Monos

Elenco: Brais das Hortas e Marta Ortiz

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo : os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor.

Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.

Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar... e van ser catro!

Catro monos, catro historias.

A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que non era un, senón dous... e non se levaban moi ben.

O conto de como empezaron os días a ser días no deserto do Sahara, con Mama Kanuga e Fillo Kanuga comendo dátiles e cocos. A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando e regueifando.

E a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun “spray” para que non houbese máis tormentas... e, sen querer, cambiou a vida do resto dos monos.

Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e para soñar con outro mundo posible.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android