00:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | Mariñas, marosas e maruxainas | Oficina de Turismo de Xove

EXPOSICIÓN | Mariñas, marosas e maruxainas | Oficina de Turismo de Xove

EXPOSICIÓN | Mariñas, marosas e maruxainas | Oficina de Turismo de Xove


A Oficina de Turismo de Xove acolle desde o 19 de xullo e ata finais de agosto a mostra “Mariñas,  marosas e maruxainas”, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.

As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.

A mostra forma parte do proxecto “Amar a mar”, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola Vicepresidencia da Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao, celebrado en 2021, que aborda, desde distintos enfoques temáticos, a importancia do mar na configuración cultural e material da comarca da Mariña.

“Mariñas, marosas e maruxainas” continúa así a súa itinerancia polos
concellos da Mariña, despois de visitar Foz,  Ribadeo e Barreiros.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android