10:00 hasta las 00:00
50 ANOS DA CASA DE ROSALÍA | Campo de San Francisco (Ribadeo)

50 ANOS DA CASA DE ROSALÍA | Campo de San Francisco (Ribadeo)

50 ANOS DA CASA DE ROSALÍA
Campo de San Francisco (Ribadeo) | Ata o 7 de agosto


A mostra, organizada pola Casa Museo Rosalía de Castro,  está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo, e fai un percorrido pola súa historia desde a apertura ao público o 15 de xullo de 1971, no franquismo, grazas á implicación de vilas, concellos, persoas da emigración, entidades culturais ou mesmo deportivas. Centos de persoas anónimas de Galiza organizaron, a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, para conseguir o obxectivo de mercar e restaurar o inmoble. Ademais, o Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en baluarte do galeguismo con actos como a Misa de Rosalía en Bonaval, auténticos encontros de afirmación galeguista.

A exposición está organizada en seis capítulos diferenciados: A Casa e o tren; Rosalía na casa, que recolle os últimos anos de vida da poeta nesta vivenda; Unha Casa santuario, que analiza as iniciativas que xurdiron para mercar a casa entre 1900 e 1940; A causa da Casa, que afonda na historia da compra do inmoble no 1946 por Xosé Mosquera e Xosé Villar Granjel; O Patronato da Casa e a Casa de Galicia, que se centran nos movementos galeguistas e progresistas e nas aportacións de galegos e galegas de todo o país e da emigración para converter a última residencia de Rosalía de Castro nun símbolo da cultura propia.

A Vicepresidencia da Deputación impulsa a itinerancia polas comarcas desta mostra, que despois desta parada en Ribadeo, viaxará a Foz, Sarria, Vilalba, Chantada e Becerreá.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android