SÓS é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.
SÓS conta a historia de Fermín e Marcelino, dous homes octoxenarios que ven obrigados polas circunstancias para compartir piso.
Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes, polo que a súa convivencia non vai ser fácil, aínda que non lles vai a quedar máis remedio que aprender a tolerarse, porque a pesar de que hai moitas cousas que os separan, teñen algo moi importante que os une: os dous están sós e necesítanse mutuamente para saír adiante.
Fermín e Marcelino representan dous modelos de vida distintos, case contrarios, que facilmente podemos recoñecer na nosa contorna.
Marcelino representa ao home máis tradicional, dos que tiveron un só traballo durante toda a vida, e unha muller tamén para toda a vida.
Fermín, pola contra, representa un home máis de "mundo". Emigrou ao estranxeiro, nunca casou e a súa vida nunca tivo estabilidade, en contraste coa vida de Marcelino, no que a estabilidade foi a súa ben máis abundante.
Todos coñecemos a algún Marcelino e a algún Fermin. Dúas maneiras de ser e de vivir que chocan nun mesmo apartamento compartido. Dúas personalidades contrarias, pero cunha necesidade en común: a necesidade humana de sentirse acompañado.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar