17:00
A casa do terror

A casa do terror

No ano 2019 A Casa do Terror gaña o Premio da Música Galega na categoría de ´Música Infantil´. 

Este espectáculo musical e teatral, que está a recibir moi boas críticas de prensa e público, ven da man dun libro-cd editado por GALAXIA.

A Casa do Terror é moi potente, moi rockeiro e sobre todo moi participativo. Ten influencias das películas de medo dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de Cristal, A familia Adams ou Scooby Doo.. A enerxía acadada co público neste espectáculo é moi alta.

A Casa do Terror é unha aventura, na cal un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A perspectiva do terror é abordada neste espectáculo dun xeito moi divertido e lévase a cabo a través de personaxes divertidas como: as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc…

Este é un divertido e dinámizador espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais e de clown e sobre todo moita participación do público asistente.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android