11:30
H2..OH!

H2..OH!

H2..OH! É unha peza teatral baseada no libro do mesmo título de María Canosa.
Unha divulgadora científica e dous doutores de ciencias mundialmente coñecidos, Montsilia Brasilisca e Pepablov Pasparof, son os protagonista desta historia.

H2…OH! Achéganos ás curiosidades científicas que experimentamos no noso día a día… Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros? Ou por que hai espellismos?A que non te decataras de que hai animais que nunca beben auga? Ou porque o número Pi é infinito e non remata nunca? Estas son algunhas das curiosidades ás que daremos resposta! A loucura destes científicos e a extravagancia dos seus experimentos farán que o publico teña unha experiencia inesquecible.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android