20:30
Memorias Dunha Rapasa da Costa

Memorias Dunha Rapasa da Costa

Marta Doviro presentará o Domingo 18 de Abril o seu monólogo Memorias dunha Rapada da Costa no Urban Market Mahou Music & Drinks de Vigo.

Marta Doviro é unha coñecida actriz e presentadora galega. Traballo como presentadora da mochila do viaxeiro en V Televisión. Na Televisión de Galicia presentou De quen vés sendo? en 2013, Somos ben curiosos en 2015, Máis galego nos veráns de 2014 e 2015 e Unha viaxe para contar no ano 2018. A finais dese mesmo ano, comezou a gravar a segunda tempada do programa Malo será, que se emitiu ao longo de 2019 na TVG, no que exerceu de presentadora, e ocasionalmente tamén participou actuando nalgún sketch, sendo a súa primeira incursión no mundo do humor.

Ademais presentou xunto a actriz Isabel Blanco o programa Especial 30 anos de Series da TVG e acompañou a Xosé Ramón Gayoso copresentando Luar en xullo do 2015.

No ámbito da interpretación participou como Doutora Galiña na serie de televisión Luci en 2014, e deu vida a Olalla en sériea Pazo de Familia desde a súa incorporación de 2015 a 2017, na 3ª tempada e durante dúas máis, ata a penúltima da serie. Tamén en 2017 rodou a curtametraxe O jazz dos proscritos, de Manuel Gil Castro.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android