17:00
O mundo de Martiña (Bátega) | Centro de día da Ribeira de Piquín

O mundo de Martiña (Bátega) | Centro de día da Ribeira de Piquín

O mundo de Martiña (Bátega)
25 de agosto.17.00 horas. Centro de día da Ribeira de Piquín

Público maior de 14 anos.

Martiña é unha nena moi curiosa e espilida, mais hai cousas que non logra entender, como, por exemplo, que as súas opinións sexan menos importantes que as dos adultos, nin por que ten que calar e obedecer sempre a papá, a mamá, ao pai Edelmiro, á tía Amparo... cando é evidente o trabucados/as que están acotío. Iso de que estean Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos, ou o anxo da garda observandoa para xulgar o seu comportamento e premiala ou castigala, tampouco lle acaba de gostar. Na segunda metade do espectáculo, veremos a Martiña medrar. Verémola afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o duro mundo laboral. Verémola sortear obstáculos e sacar conclusións. A través dun monólogo teatralizado, musicado e entretecido con cancións, Martiña enfrontarase á vida coas armas que vai descubrindo. O seu espíritu crítico e as súas dúbidas respecto do establecido nunca a abandoarán.

Autoría: obra propia da Compañía.
Dirección: Raquel L. Cendán.
Actores: Raquel L. Cendán e Pedro Insua.
Duración: 60 min.

+INFO: https://www.facebook.com/batega.musica/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android