20:30
Feminíssimas

Feminíssimas

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintos de entender o feminismo... Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.

Unha maneira -tamén- de rirnos de nós mesmas, de nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.

Un espazo -ademais- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android