00:30
Sacra Festival 2022: Steven García

Sacra Festival 2022: Steven García

Steven Garcia é un DJ e produtor de Brooklyn, Nova York coñecido polo seu estilo versátil e gran técnica mesturando. Descubriu a súa paixón pola música House no verán de 1988. Inspirado polos sons de Larry Heard, Frankie Knuckles e Marshall Jefferson, empezou a coleccionar unha selección de vinilos eclécticos desde o soul e disco, ata os elementos máis profundos de house, breakbeat e techno. Uniuse ao colectivo de DJs «Funky Soul Rebels» en 1996, que foron os responsables de organizar festas loft como Brooklynite ou Space, creando unha comunidade de amantes da música en Nova York, Miami e San Francisco.

Publicou o seu primeiro EP en 2000 con Seph, o seu socio de FSR baixo o alias «Seph & Ven. Titulado «Heat Wave? e publicado por Outro Recordings é un exemplo do deep house e soul introspectivo que marca o seu son. Posteriormente, publicaron «In Your Arms? co selo «Rhythm Love Records». Ambos os EPs recibiron unha gran crítica, aparecendo en varias recompilacións. En 2001, publicaron «House For All» co selo galego «House Cafe Music». En pouco tempo fixo a súa primeira xira europea, actuando en clubs e festivais de Portugal, España e Inglaterra picando á beira de grandes artistas como Charles Webster, Carl Craig, King Britt e Vincenzo, que foron unha gran fonte de inspiración para el.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android