20:30
Spitsbergen, O Gardián do Ártico

Spitsbergen, O Gardián do Ártico

Spitsbergen, ou Gardián do Ártico do cineasta Ignacio Benedeti terá a súa estrea mundial no 25 Festival de Cinema de Ourense. É a primeira longametraxe gravada e acabada en Super 8 con copias de exhibición de 16 e de 35 mm. Trátase do primeiro dunha serie de documentais da serie Stop quecemento global que pretenden sensibilizar sobre as consecuencias do cambio climático e que están a se rodar en diferentes puntos sensibles do planeta.

O proxecto xurdiu despois da invitación da multinacional Kodak ao propio Benedeti para que fose un dos primeiros en probar as súas novas películas Ektachrome, antes de saír ao mercado, e ver os resultados de preprodución nunha situación de rodaxe real. O cineasta viaxou ata Spitsbergen para rodar esta proba técnica e, tras valorar a situación e comprobar que se cumprían as expectativas, decidiu seguir gravando para darlle forma como longametraxe documental. Estivera alí en 1995 e a neve chegábame por encima da cabeza, despois, no 2007 xa me daba pola cintura e no 2018 había, como moito, 20 centímetros comenta o cineasta sobre a deterioración ambiental que está a se producir na zona.

Foi así como xurdiu Spitsbergen, ou Gardián do Ártico, un documental que pretende ser tamén, máis aló do desafío técnico, unha chamada de atención sobre as nefastas consecuencias do cambio climático e o quecemento global. Para facelo máis ameno, mestúranse diferentes aventuras que o director viviu a bordo do buque rompehielos Malmö, como o seguimento dunha osa coas súas crías ou a recuperación dunha cámara mergullada accidentalmente a 140 metros de profundidade, á vez que se plasma a ameaza real causada pola actividade humana descontrolada, que leva a derretir o Ártico. O director tamén engade que o proxecto «non sería igual sen a voz do inimitable Santiago Fernández, nin a banda sonora do mestre Sergio Moure de Oteyza. Ambos os profesionais que souberon captar a natureza do proxecto».
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android