Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas (dedicadas este ano a Carballo Calero), a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro organiza esta actividade.
Sinopse:
Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, un neno que ás veces vén xogar con elas. Pero teñen medo de que ese día chova, pois cando isto sucede, Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do Galo Chafarís e o rapouso Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e continúe a xogar con elas.
É unha adaptación do conto de Ricardo Carballo Calero, baseado nas historias de Xentes da Barreira, O lar de Clara, O país de Erika...
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar