11:30
O xogo de Nano

O xogo de Nano

Para os nosos amigos, os animais, cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender, mentres xogan coas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno ata as cousas máis sinxelas convértense en todo un reto. Os nenos reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo pola primeira vez, asombrándose a cada paso, mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir. Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención.

Este é NANO, unha ra que crece cos contos que eu mesma invento. Nano está a aprender aos poucos o nome das cousas, as cores, todo o fai xogando, ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android